O NOSO PROXECTO INTERDISCIPLINAR
No curso 2.008/2.009 e ata o remate do proxecto que abranguerá os cursos: 2.009/2.010 e 2.010/2.011, propúxose aos Departamentos do I.E.S. Maximino Romero de Lema a elaboración dun Proxecto Interdisciplinar para a elaboración dun traballo que durará tres cursos e nos cales imos actuar en tres aspectos fundamentais da historia española. Os Departamentos que imos conectar para lograr un proxecto que redunde na educación do noso alumnado son os seguintes: Departamento de Lingua Castelá, Departamento de Lingua Galega, Departamento de Educación Física, Departamento de Ciencias Naturais, Departamento de Ciencias Sociais, Departamento de Tecnoloxía, Departamento de Matemáticas, Departamento de Música, Departamento de Plástica, Departamento de Relixión, Departamento de Orientación, Departamento de Idiomas
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA:
*Coñecemento da Lingua Galega. As súas orixes. Como lle afectou ao Noroeste Peninsular o proceso polo cal os romanos introduciron o LATÍN como lingua falada nesta parte de Hispania.
- Lendas e lecturas que afondan no Camiño de Santiago (2.009/2.010).
DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ:
* A evolución da lingua castelá dende a chegada dos romanos. Zonas onde se desenvolveu o castelán como lingua falada cando os romanos foxen de Hispania.
- Lendas e lecturas que afondan na Reconquista (2.010/2.011): romances, cantares de xesta, poemas diversos...DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA:
* A destreza física e manual no desenvolvemento físico do alumnado.
- Camiñamos un treito do Camiño de Santiago (2.009/2.010). Sobrepoñémonos a un esforzo continuo. Recuperación pulmonar.
- Baixada en canoas polo río Sella (2.010/2.011). Esforzo pleno dentro dun espazo descoñecido: rápidos, contracorrentes,
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS NATURAIS:
* Descubrimos novos espazos naturais:
- Descubrimos a natureza e o ambiente natural que percorre o Camiño de Santiago (2.009/2.010). Descubrimos unha nova vexetación.
- O Parque da Natureza de Cabárceno (2.010/2.011). Fauna variopinta nun lugar que non é o seu. Cría de especies en estado de extinción.
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS:
* A Romanización. Efectos, causas e consecuencias (2.008/2.009).
* O Camiño de Santiago: lendas (2.009/2.010).
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA:
* Uso de espazo de materiais (parafusos, ferramentas e equipos de soldadura) do Departamento de Tecnoloxía para a construción dos materiais que empregaban os romanos nas súas conquistas: armas, escudos e roupas (2.008/2.009).
DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS:
* A numeración romana: importancia da súa introdución en Hispania coa chegada dos romanos. A súa contribución á numeración de hoxe en día. Pervivencia da numeración romana en moitas facetas dos estudos de secundaria (séculos, reis...) (2.008/2.009).
DEPARTAMENTO DE MÚSICA:
* A música tradicional celta. O folclore galego. A gaita galega (2.008/2.009).
DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA:
* Uso de espazo e dos materiais da aula de Plástica para a construción dos materiais que empregaban os romanos nas súas conquistas: armas, escudos e roupas (2.008/2.009).
DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN:
* O cristianismo a través do Camiño de Santiago.
* A Reconquista por parte dos reinos cristianos.
- Visitamos a Catedral de Santiago ( 2.009/2.010).
- Visitamos o Mosteiro de Covadonga (2.010/2.011).
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN:
* As profesoras do Departamento de Orientación na súa rama de Audición e Linguaxe ensínanlle aos alumnos a declamación para poder falar e comportarse en público. Tamén acompañan aos alumn@s nas súas saídas fóra do recinto escolar (2.008/2.009-2.009/2.010-2.010/2.011).
DEPARTAMENTO DE IDIOMAS:
* A importancia dos idiomas na España actual: o dominio da linguaxe inglesa no manexo dos ordenadores (2.008/2.009-2.009/2.010-2.010/2.011).
ROMANIZACIÓN (2.008/2.009):
(http://iesbaioproxectointerdisciplinar.blogspot.com/)ou tamén, se queres ver a presentación que fixemos, podes ir a:
(http://iesbaiocaminodesantiago.blogspot.com/2009/12/presentacion-do-proxecto.html)
A romanización é o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente o idioma destes.
O CAMIÑO DE SANTIAGO (2.009/2.010):
(http://iesbaiocaminodesantiago.blogspot.com/2010/12/camino-de-santiago-2010-ano-xacobeo.html):
O Camiño de Santiago é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. O camiño do Norte, pola costa do mar Cantábrico ata Ribadeo e logo polo interior de Galiza. Alternativamente, cruzaba por Abres o río Eo.
• O camiño francés, que transcorre pola meseta entrando na península por Roncesvalles e en Galiza polo Cebreiro (e que foi o que desprazou en importancia aos anteriores ao facerse máis segura a rota da meseta polo avance da Reconquista).
É aquí onde resaltamos a importancia deste traballo no que misturamos desde a Romanización ata a Reconquista pasando pola importancia que para a cultura española e galega ten o Camiño de Santiago.
A RECONQUISTA (2.010/2.011):
A Reconquista é o nome co que é coñecido tradicionalmente ó proceso histórico por medio do cal os reinos cristiáns do norte da Península Ibérica van conquerir progresivamente o al-Andalus. Considérase que comeza no ano 722 coa resistencia das sociedades montañesas ó avance dos musulmáns coa Batalla de Covadonga e vai finalizar no ano 1.492 coa conquista do Reino de Granada derradeiro fortín árabe na Península Ibérica.
SAÍMOS DO INSTITUTO... 14,25 HORAS... AÍNDA QUEDA MOITO 30/03/2.011O GRUPO QUE FOI COÑECER AS TERRAS ONDE COMEZOU A RECONQUISTA
31/03/2.011
OS OSOS DE CABÁRCENO... XOGANDO
No hay comentarios:
Publicar un comentario