Como remate a TRILOXÍA da breve historia de Galicia, que comezamos no curso 2.008/2.009 coa Romanización (http://iesbaioproxectointerdisciplinar.blogspot.com/), seguimos no curso 2.009/2.010 co Camiño de Santiago (http://iesbaiocaminodesantiago.blogspot.com/) e rematamos neste curso 2.010/2.011 coa Reconquista, querémosvos facer chegar a derradeira etapa que nos levou a reconsiderar o feito da Reconquista española iniciada na zona norte e que culminaría, na época dos Reis Católicos, no ano 1.492 coa expulsión dos últimos árabes que invadiran España no século VIII e que os levou a facerse donos do territorio dos antiguos reinos hispanos e, incluso, facer da rexión andaluza unha provincia máis dos seus territorios: AL-ANDALUS.
Se ao principio nos adicamos a facelo traballo no Instituto (aula de plástica, biblioteca escolar, aula de informática e aula de clase) de busca de materiais, elaboración de traxes, mapas, escudos... no curso seguinte, o traballo que fixemos sobre o Camiño de Santiago, aparte do traballo feito nas aulas anteriormente mencionadas, tamén levou aparellado un traballo de campo que nos levou a desenvolver o noso traballo "in-situ", visitando e facendo unha etapa do Camiño. Agora, como peche desta "triloxía" de traballos desenvolvidos dentro dun Proxecto Interdisciplinar, que consideramos moi ambicioso, damos fin a este traballo que durou tres anos poñendo aos alumn@s aos pés do monumento feito a Don Pelaio nos Picos de Europa a carón do Mosteiro de Covadonga en Asturias.
A saída tivo lugar o 30 de Marzo e fixémola como unha máis das actividades da VI Semana Cultural do noso Instituto. A saída foi ás 2,25, hora do remate das actividades escolares no noso Centro. Fixemos varias paradas ao longo do noso itinerario, a principal, para xantar os "bocatas" que cada un levaba, aínda que houbo algún que aproveitou a parada para mercar o seu "bocata" no lugar de parada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario